17 Outubro 2009

Lotería de Nadal 2009

Din que a lotería somente toca unha vez na vida.
Pois, damas e cabaleiros; a nós ainda nunca nos tocou.
Así que estamos no bombo para que o corno da fortuna ceibe un sorriso cara nós desta vez.

Anímate a facerte ric@ á nosa cósta (somos así de altruistas).
Pide as túas participacións aquí

(Se non usas un cliente de correo tipo Outlook ou Mozilla, copia o noso enderezo electrónico ( folkantas@deulla.es ) , e fai a petición
(Indica enderezo postal ou electrónico e contactaremos contigo)

Sen recargo
(Coste da participación: 10 euros. Xóganse 5 eur a cada un dos dous números)

05 Agosto 2009

Festival FolkAntas 2009

Temos que dar as grazas ás persoas que tentaron axudarnos a artellar o FolkAntas 2009; significativamente a Ruxe-Ruxe e Berrogüetto, que puxeron da súa parte o esforzo e maila compresión para con esta Organización.
Tamén é de recibo considerar o esforzo da Delegación Provincial da Xunta en Lugo e o permanente apoio do Concello de Antas de Ulla. Pero desta non foi o tempo climatolóxico o que esmagou a iniciativa; senón o tempo que fuxe e que non nos permitiu dar conquerido o financiamento preciso para acadar o nivel de calidade que sempre rexeu este Festival.


Comprometidos coa música que se fai en Galiza, a Asociación Cultural FolkAntas continuará a súa andaina neste ano 9 sen o evento máis primordial recoñecido nos seus Estatutos Sociais; pero non esquecerá as iniciativas culturais que poidan achegar a Antas e a súa bisbarra o arte musical galego do xeito que neste intre non estamos en condicións de poder ofrecer a programación.

Saúdos folkeiros